As becas: de menos importe, tarde e arrastro
A falta de persoal polos recortes, xubilacións que non se cobren, contratos de interinos que non se renovan, baixas que non se suplen, entre outras situacións, fan que as resolucións das becas (universitarias, ESO, bacharelato, para alumnado con necesidades especiais…) leven un retraso de dous meses. Hai miles de estudantes universitarios que están á espera de coñecer o resultado destes ditames para saber si poderán continuar cos seus estudos ou non, dado que, pola situación actual de crise que atravesamos e a subida de até un 50% das taxas universitarias, hai moitas familias que non poden asumir o custo que supón ter unha filla ou fillo universitario. Empezamos ver reflectido no noso entorno inmediato, mediante o abandono da Universidade de persoas coñecidas, cal é realmente a modificación que se introduciu nos parámetros para a concesión de becas.
Comentarios recentes