Actualidade na federación de ANPAs da Costa da Morte
- Continuamos coa realización do referendo dos libros de texto e material escolar nos centros de ensino na Costa da Morte. O resultado comunicaráselle á consellaría de Educación e Ordenación Universitaria para instar a que esa consellaría organice un sistema de reutilización dos libros de texto e material escolar.
- O 26 de xaneiro realizaremos a I Xornada de Formación de ANPAs da Costa da Morte. Estará dividida en dúas partes: 1 a xestión das anpas e 2 a situación do ensino público e a LOMCE.
- O 31 de xaneiro ás 19:30 horas na praza do concello de Carballo celebraremos as ANPAs da Costa da Morte unha concentración contra a LOMCE, acto convocado pola Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público.
Aquí tes a ligazón ao cartaz xeral da concentración da Plataforma Galega en defensa do Ensino Público para o 31-01-2013
Comentarios recentes