A xornada de análise sobre sistema educativo na LOMCE foi un éxito
A xornada sobre sistema educativo na LOMCE na que había conferencias, coloquios de diverso análises do anteproxecto da LOMCE foi un éxito de participación.
Despois da recepción de participantes, inaugurouse a xornada a través da Conferenciade JURJO TORRES SANTOMÉ, catedrático de Didáctica e Organización Escolar da Universidade da Coruña.
De 12 a 14:00 horas comezou un debate sobre a LOMCE na que participaron ANXO LOUZAO, secretario nacional da CIG-ENSINO, XOÁN COSTA CASAS, presidente da AS-PG, DANIEL CANDAL CASTRO, responsable nacional dos Comités e a nosa compañeira ELVIRA LOMBAO, presidenta da federación provincial de anpas de Lugo, FAPACEL.
Despois do descanso, continuouse coa conferencia e coloquio a cargo de MARILÓ CANDEDO GUNTURIZ, presidenta de Nova Escola Galega (Análise do anteproxecto da LOMCE) e coa conferencia e coloquio de XESÚS FORTES GÓMEZ, profesor de Intervención Sociocomunitaria IES Portovello de Ourense (A educación que vivimos. Reflexión crítica ante a LOMCE).
Rematou a xornada coa proxección da película “A educación prohibida” de German Doin Campos. Que é unha reflexión sobre a educación que vivimos e pode trasladarse a unha reflexión crítica da LOMCE.
Os participantes afirmaron que, de aplicarse o contemplado neste anteproxecto, o ensino público experimentará un retroceso tal que nos retrotraerá á etapa pre-democrática. Sinalan que a LOMCE pon en cuestión o dereito universal á educación, vai impedir o acceso á educación pública de calidade para a maioría e creará centros de elite para uns poucos.
Comentarios recentes