preparando a I Xornada de Formación de Anpas
Na reunión celebrada este xoves, 3 de xaneiro de 2.012, as anpas da Costa da Morte aprobamos organizar unha xornada de formación para o sábado 26 de xaneiro dividida en dúas partes. A primeira parte irá destinada ás anpas e a segunda, ademais das anpas, será aberta a todos os membros da comunidade educativa e persoas interesadas.
PROGRAMA I XORNADA DE FORMACIÓN PARA ANPAS
Sábado 26 de xaneiro
De 17:00 a 20:00 horas
Pazo da Cultura de Carballo.
– de 17 a 18.30 h
A XESTIÓN DAS ANPAS
- Lexislación.
- Funcionamento
- Financiamento.
- Contabilidade.
- Protección de datos.
- Preguntas e suxestións.
Ponentes:
– Loli Fernández Vázquez, xefa do Negociado de Intervención da Universidade da Coruña, presidenta da anpa “Manuel Murguía” do IES Agra de Leborís da Laracha e membro do seu Consello Escolar.
– Pepe Bustelo Tarrío, licenciado en empresariais pola universidadede Santiago de Compostela, presidente da anpa “Fonte da Cristina” do CEIP A cristina de Carballo e membro do seu Consello Escolar.
– Jesús M. Domínguez Fernández, asesor dunha empresa de Protección de Datos de Carácter Persoal.
– de 18.30 a 19:00 h Descanso de media hora.
– De 19.00 a 20.00 horas
A SITUACIÓN DO ENSINO PÚBLICO
- O presente: fortalezas e debilidades.
- O futuro: os cambios que pretende introducir a LOMCE.
- Debate aberto entre todas as persoas presentes.
Ponentes:
– María Rei Vilas, Xefa de Estudios do IES Agra de leborís da Laracha, licenciada en bioloxía pola USC e Diploma de Estudos Avanzados en Didáctica e Organización Escolar pola UdC.
– Alfonso Varela, responsábel da Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público
1 Response
[…] á I xornada de formación para anpas. Será o sábado 26 de xaneiro no Pazo da Cultura de Carballo e estará dividida en dúas partes. A […]