Un decreto que filtra ao alumnado
Un novo e perturbador decreto da Xunta de Galicia regula os criterios e o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia, onde se imparten as ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato.
Con este novo decreto de regulación da admisión do alumnado estruturado en catro capítulos, cun total de 19 artigos, as direccións dos centros concertados xa poderán filtrar “democráticamente” – máis aínda- o seu alumnado. Segregación legalizada?
Ligazón ao decreto clica aquí
Hai que miralo con calma, que ten moitos artigos! Unha cousa boa no medio: no artigo 9 recolle o acollemento equiparándoo a fill@s propi@s (non era sen tempo…)