Rematou o Culturgal, coñeceches de primeira man as últimas novidades da industria cultural galega?
Hoxe pecha o Culturgal despois de desenvolver 140 actividades na cidade de Pontevedra, o maior escaparate da cultura galega, que serve para comprobar o dinamismo do sector nun momento crítico no seu desenvolvemento, debido á situación de crise económica que tanto está a afectar á cultura e ao ensino no noso país.
As industrias culturais galegas, en plena crise de asfixia económica, non quixeron defraudar na cita de Pontevedra. Como é imposíbel resumir todo o acontecido nesa feira das industrias culturais galegas, convidámoste a mergullarte nas ligazóns do artigo e outras novas que hai nas diversas páxinas electrónicas.
Comentarios recentes