Rematando o proceso de constitución de anpas da Costa da Morte
Neste momento estamos na última parte do proceso. Este mércores, 12 de decembro de 2.012, asinamos uns estatutos consensuados dos que nos dotamos e constituímos a comisión xestora. Dentro duns días entregaremos formalmente toda a documentación na administración para inscribirnos como federación, rematando, deste xeito, o proceso coa solicitude do NIF.
Por outra parte, este mesmo mércores quedou conformada a representación directiva da federación de anpas de centros públicos da Costa da Morte. A directiva desta comisión xestora está integrada por distintos membros das anpas asociadas.
Unha vez ao mes a directiva reúnese coas asociación fundadoras (e coas que, en vindeiras datas, solicitarán o seu ingreso) para debate e aprobación das propostas de traballo. A Federación de ANPAs da Costa da Morte basease no principio de igualdade de todas as ANPAS que a integran, podendo ser membros dela todas as asociacións de nais e pais dos alumnas e alumnos que cursan estudios nos centros públicos educativos dos concellos da Costa da Morte, comarcas de Bergantiños, Soneira e Fisterra que así o soliciten.
Comentarios recentes