Desexámosvos unha feliz Noiteboa, Bo Nadal e mellor Aninovo!
Dentro de nada comezará un 2.013 no que, como no ano que está a rematar, haberá que seguir loitando contra todas esas medidas da Xunta e goberno estatal que dificultan o acceso á educación das clases sociais máis desfavorecidas, que van contra a calidade do ensino e producen un maior fracaso escolar.
A sociedade galega non se pode permitir que o ensino público, medio onde se forman as nosas fillas e fillos, que son as xeracións do futuro, sexa continuamente atacado por quen debería defendelo. Co pretexto da crise, golpéase de maneira grave o ensino público, pondo en cuestión o dereito á educación das clases populares. Por iso, agardamos que o apalpador, que sempre chega no nadal, axude a que os actuais gobernantes da Xunta e estado rectifiquen e rematen cos inxustos e inxustificados recortes sociais que están a aplicar.
Comentarios recentes