Urxe recuperar o consenso nas políticas de normalización lingüística
A sentenza do TSXG a respecto do chamado “decreto do plurilingüismo” imposto pola Xunta vénse sumar ás denuncias que a sociedade galega veu realizando deste decreto, pensado e imposto para reducir a presenza do galego nas aulas. É un elemento máis que pon en evidencia a necesidade derrogalo inmediatamente e avanzar no consenso nas políticas de normalización lingüística .
O Decreto do plurilingüismo foi considerado pola comunidade educativa o maior ataque contra a nosa lingua no ensino, colleitando ademais un informe negativo do Consello Consultivo da Xunta de Galicia e o voto negativo do Consello Escolar de Galicia.
Comentarios recentes