Un primeiro paso para constituirnos en federación de anpas
Demos un paso adiante varias das directivas de anpas das comarcas de Bergantiños, Soneira e Fisterra para constituírnos en federación de anpas de centros públicos da Costa da Morte. Dese xeito queremos fortalecer o movemento asociativo de anpas, co obxectivo de que a educación que deba recibir o alumnado non perda calidade e para axudar a que o conxunto da cidadanía, que está a sufrir a crise, non se vexa privada dos seus dereitos, porque na defensa do ensino público loitamos polo futuro das nosas fillas e fillos.
Neste proceso estamos aportando os nosos esforzos no obxectivo da defensa colectiva do ensino pubico no noso ámbito de actuación. Ao remate do proceso deberá estar consensuada unha representacion directiva da federación de anpas de centros públicos da Costa da Morte que neste momento está composta por una comisión xestora integrada por distintos membros das anpas asociadas.
A primeira reunión de aprobación de normas e organización celebrámola a finais de novembro no Pazo da Cultura de Carballo, onde afirmamos que esta Federación de ANPAs da Costa da Morte constitúese por tempo indefinido, sen ánimo de lucro e baseándose no principio de igualdade de todas as ANPAS que a integran. Tamén houbo tempo para debater os estatutos polos que nos imos rexer, a necesidade dun medio propio de comunicación (www.fedanpas.gal /www.fedanpas.eu ) con correo electrónico e a creación do logotipo (obra do arquitecto e profesor Carlos Fernández). A comisión xestora que faga os trámites de legalización debe rendir contas (cada mes) a todas as anpas que estean integradas na federación.
1 Response
[…] directivas de anpas das comarcas de Bergantiños, Soneira e Fisterra, na primeira reunión para constituírnos en federación de anpas de centros públicos da Costa da Morte. Máis datos window.___gcfg = {lang: 'pt-BR'}; […]