Outra sentenza xudicial contra a política lingüística do PP no ensino
O Tribunal superior de xustiza de Galiza estima en parte o recurso presentado pola Real Academia Galega contra o decreto do plurilingüismo e resolve que a consulta vinculante ás familias e a potestade do alumnado para se expresar nas aulas na lingua da súa preferencia son disposicións ”contrarias a dereito”. A sentenza é semellante á que emitiu a pasada semana tras as denuncias da Mesa, Queremos Galego e CIG-Ensino.
1 Response
[…] Ademais, indicoulle ao Goberno galego que debe realizar unha política de promoción do idioma propio do país de acordo co estipulado pola Lei de normalización lingüística. O Tribunal dálle así a razón aos colectivos que defendian o dereito a usar o galego no ensino. […]