Os sindicatos de estudantes afirman que a súa participación activa axudou ao éxito do 14N
Os distintos sindicatos de estudantes, que participaron nas manifestacións unitarias do 14N, consideran estas supuxeron un éxito histórico da sociedade galega contra as agresións reiteradas provocadas pola Xunta e Goberno central e contra unhas políticas que só atenden aos intereses dos mercados. Afirman que o estudantado galego participou activamente, tanto nos piquetes informativos como nas imponentes manifestacións. Certifican que iso axudou ao éxito dunha folga xeral histórica: “este activismo foi esencial para o éxito desta xornada de folga desenvolvida na Galiza e noutros estados europeos…”
Deste xeito, rexeitan o absoluto neoliberalismo depredador dun Partido Popular que está agravando a actual crise e provoca un auténtico saqueo ás maiorías sociais. As e os estudantes denunciaron tamén os recortes no ensino provocados polo PP.
Comentarios recentes