Eleccións aos consellos escolares na Costa da Morte
A participación nas eleccións dos representantes dos distintos sectores da comunidade educativa ao Consello Escolar nos centros de ensino da Costa da Morte foi desigual. Nalgúns centros, a afluencia de nais e pais foi considerábel e noutros foi menor, en parte derivada da climatoloxía adversa.
Comentan desde a comunidade educativa que en determinados centros de ensino unha participación masiva do alumnado, despois de bastante tempo sin representantes, para votar ás suas candidatas e candidatos, algo moi interesante para a dinamización da comunidade educativa.
As eleccións aos C.E. realízanse entre os días 26 e 30 de novembro de 2012 aínda que, nos centros que iniciaron o seu funcionamento no curso 2012-2013, este proceso realizouse entre os días 25 e 31 de outubro de 2012, ambos os dous incluídos.
Para participar no proceso electivo hai que presentar a candidatura no centro educativo no que están matriculados as nosas fillas e/ou fillos. Rematada a xornada electoral na que participan as nais e pais, como membros da comunidade educativa, realízase o reconto. A nai ou pai que teña máis votos sae elixido e pasa a ser membro do consello escolar.
Non debemos esquecer que a nosa participación é moi importante para o bo desenvolvemento do centro educativo onde están as nosas fillas e /ou fillos.
Comentarios recentes