Desmantelamento do ensino público no medio rural galego
Documentario que denuncia o sufrimento das familias do rural galego polo desmantelamento das escolas públicas por parte da administración. Tamén amosa a esperanza e a loita destas familias para defender o rural como medio para desenvolver unha vida digna e con futuro. Rodado no verán de 2012 na montaña de Lugo e na cidade de Compostela, foi froito da colaboración entre Fílmika Galaika e os diversos colectivos afectados polas políticas desmanteladoras da administración. Dirección e Produción: Seném Outeiro e Roi Carballido. Montaxe e edición: Roi Carballido. B.S. “Que Chova” do grupo Quenpallou.
Comentarios recentes