A LOMCE de Wert pretende eliminar o dereito á folga do estudantado
Neste curso, o Partido Popular (nos gobernos) despediu 50.000 profesores, recortou en 4.000 millóns de euros o orzamento educativo e pretende aprobar unha lei educativa (LOMCE) que semella unha contrarreforma educativa franquista. Por se, aínda, quedaban dúbidas hoxe coñécese a través da prensa afín ao réxime que o goberno, ademais de machucar a educación pública, intenta silenciar ao alumnado que se rebela contra a LOMCE. Segundo esta prensa, o ministro Wert pretende suprimir o dereito de folga dos estudantes de ensino secundario, bacharelato e FP de grao medio.
Comentarios recentes