Xunta de Galicia: 1000 millós de euros para subvencións ao ensino privado nos últimos 3 anos
Coincidimos co artigo de Anxo Louzao e somos conscientes de que o goberno conservador da Xunta deseñou unha política educativa encamiñada a debilitar o ensino público. Nestes tres últimos o goberno de Feijoo destinou preto de 1000 millóns a subvencionar o ensino privado, incluíndo os 9 millóns que recibiron os 5 colexios do OPUS que segregan alumnado por razóns de xénero ou os preto de 200 millóns destinados ao ensino non obrigatorio.
Hoxe, un terzo dos centros privados concertados reciben unha extra de 520.000 euros para a atención ao alumnado con necesidades específicas de apoio educativo, cando os centros públicos nin sequera teñen dereito a ela. A maioría destas subvencións van destinadas aos concertos educativos estabelecidos maioritariamente con institucións relixiosas que, con frecuencia, se dotan de idearios de centro ou de proxectos educativos antigalegos, retrógrados e confesionais. Ligazón ao artigo
Comentarios recentes