Tes dúbidas ou descoñeces a (LOMCE) Lei WERT? – 3ª análise
Estes días estamos a falar sobre a chamada lei Wert nas diversas anpas, preguntámonos en que pode afectar a LOMCE ás nosas fillas e fillos. Por iso pretendemos axudarche a resolver as túas dúbidas.
Hai días publicamos un artigo sobre ela, fusionando o que analiza Jurjo Torres – un dos maiores expertos mundiais en educación (profesor na universidade da Coruña) – o que expresou Anxo Louzao, responsábel de CIG-Ensino, o maior sindicato de ensino no noso país, e o que nos comentou María Rei, profesora no IES Agra de Leborís da Laracha.
A chamada lei Wert é unha das leis máis inxustas que vimos na democracia. Unha lei completamente inxustificada, que non vén acompañada de ningunha investigación ou diagnóstico serio do que está a acontecer coa lei vixente; sen unha mínima radiografía rigorosa de que puntos fortes e débiles ten o noso sistema educativo. Que problemas temos e que posibles medidas correctoras serían aconsellables.
Podes acceder a ela clicando en
http://www.fedanpas.gal/lexislacion/lexislacion-xeral/ onde podes baixala, lela e contestámosche as dúbidas neste mesmo correo.
Podes ler o artigo que publicamos na nosa páxina
http://www.fedanpas.gal/2012/10/non-a-lomce-a-inxusta-lei-wert-que-incrementara-o-fracaso-escolar/
Ou ter acceso a un resumo do que significa a LOMCE nos comentarios destes dous expertos:
http://www.fedanpas.gal/2012/10/posicionarnos-dicindo-non/
Ou a análise que fai o sindicato maioritario do ensino público galego:
Se aínda así tes dúbidas clica en contacto (cabeceira desta páxina) e darémosche una resposta en breve.
Comentarios recentes