Rematou o prazo para a xustificación das axudas a comedores xestionados polas anpas
Rematou o prazo para presentar a documentación xustificativa das axudas concedidas e destinadas ao cofinacimento dos comedores escolares xestionados polas asociacións de nais e pais do alumnado dos centros públicos non universitarios dependentes desta consellería, para o curso académico 2011/12.
O prazo abranguía os quince días naturais seguintes ao da publicación no DOG da resolución de concesión das axudas (8 de outubro de 2.012)
Esta federación considera que o servizo de comedores debe debe ser unha xestión directa da administración pública.
Comentarios recentes