Que volve o Samaín!!!
En moitos centros de ensino público de todo o País e tamén na Costa da Morte, recuperaron e van celebrar o SAMAÍN como parte de nosa cultura milenaria.
En tempos en que a publicidade o domina todo, e semella non existir máis que o Halloween, reconvertido nun carnaval de consumo, comezouse unha interesante recuperación da festa do SAMAÍN (na noite do 31 de outubro ao 1 de novembro). Esta festa, a máis importante do período precristián, marcaba para os nosos antepasados celtas o comezo dun novo ano. Nesa data prendíanse lumes sagrados fretando pólas de capudre e teixo. Con esta cacharela inicial alimentábanse as lareiras de todas as casas.
Alertamos ás veciñas e veciños da Costa da Morte da posibilidade de que moitos dos visitantes especiais que recibamos, xunto cos vivos que queiran compartir a noite con eles, quedarán polas nosas localidades tentando facer unha vida normal, como se de estudantes dos centros de ensino da nosa comarca se tratase, para confundirse entre a poboación.
Comentarios recentes