Que é o proxecto abalar
Ás veces temos oído falar nos consellos escolares que determinado centro educativo se suma, inscribe ou solicita o proxecto abalar. Pero que é o proxecto Abalar?
É o proxecto onde un centro educativo busca a integración plena das TIC na práctica educativa na escola ou instituto.
Abalar debe incluir e integrar todas as iniciativas no ámbito educativo, xuntando os esforzos cara á modernización e mellora da educación como parte da estratexia de promoción das TIC a todos os sectores da actividade.
A Consellería de Educación debería dotar aos centros educativos de ordenadores que deben ser utilizados nos centros escolares, pero este programa caracterizouse polo retraso na súa aplicación, a pouca información subministrada e pouca transparencia na información da Xunta á comunidade educativa.
No 2013, todas as aulas de 5º, 6º de Primaria e 1º e 2º da ESO deberían estar dotados destes recursos. O profesorado debería dispor dun conxunto de recursos e aulas virtuais que poderán empregar no día a día na clase.
A plataforma web de ABALAR facilitará a parte administrativa do seu traballo, simplificando procesos como a introdución de datos nos expedientes do alumnado, abrindo novas canles de comunicación cos alumnos, as familias, a dirección do centro e o resto do profesorado.
A construción do coñecemento debe superar o enfoque da mera repetición de contidos e aplicaranse estratexias de ensino-aprendizaxe innovadoras que propicien máis ben a construción do saber.
Comentarios recentes