Publicado o calendario de eleccións aos consellos escolares
Publicada a resolución pola que se establece o calendario para a realización de eleccións dos membros dos consellos escolares dos centros de ensino público.
As eleccións dos representantes dos distintos sectores da comunidade educativa no Consello Escolar realizaranse entre os días 26 e 30 de novembro de 2012. Co fin de fomentar a participación de todos é desexable que a Xunta Electoral fixe unha única data para as votacións correspondentes.
As eleccións para a primeira constitución do Consello Escolar nos centros que iniciaron o seu funcionamento no curso 2012-2013 realizaranse entre os días 25 e 31 de outubro de 2012, ambos os dous incluídos. Tamén é desexábel que a Xunta Electoral fixe unha única data para as votacións correspondentes.
A dirección do centro correspóndelle a presidencia da Xunta Electoral
1 Response
[…] comunicamos hai varios días, dentro de pouco haberá eleccións ao consello escolar dos centros educativos. Pero sabemos as […]