primeira reunión da federación de anpas de centros públicos da Costa da Morte
A Educación é un dereito de todas e todos, que os gobernos teñen a obriga de garantir nas mellores condicións posíbeis. Só a través do ensino público se poden minorar as diferenzas sociais e se poden formar as xeracións do futuro nos valores da liberdade, da igualdade, dos dereitos humanos e da democracia. O ensino non é unha mercadoría. Nunca pode ser medido con criterios de rendibilidade económica. A súa oferta e calidade debe estar garantida para todas e para todos, independentemente da procedencia socioeconómica ou xeográfica de cadaquén, aplicando as medidas compensatorias necesarias para garantir a igualdade de oportunidades. Por iso mesmo, varias anpas das comarcas de Bergantiños, Soneira e Fisterra, dimos o primeiro paso para constituírnos en federación de anpas de centros públicos da Costa da Morte. Dese xeito cómpre fortalecer o movimento asociativo de anpas, co obxectivo de que a educación que deba recibir o alumnado non perda calidade e para que o conxunto da cidadanía, que está a sufrir a crise, non se vexa privada dos seus dereitos.
A primeira reunión celebrarase o venres 5 de outubro no Pazo da Cultura de Carballo.
Na defensa do ensino público loitamos polo futuro das nosas fillas e fillos.
Comentarios recentes