O goberno leva a Educación para Todos cara o abismo.
A UNESCO, a axencia da ONU (Organización das Nacións Unidas) encargada de velar pola Educación, a Ciencia e a Cultura vén de facer pública unha nova edición do seu informe Educación para todos 2.012. Neste informe está reflectido con claridade a terríbel caída das achegas dos gobernos á educación nos chamados “países desenvolvidos”.
No caso do estado español, a caída foi dun 30% entre 2008 e 2010. E todo isto sen ter en conta os recortes tan drásticos que o Goberno do Partido Popular aplicou recentemente ao ensino público.
Na pasada década, o estado español convertérase nun importante investidor en educación, pero na actualidade ” fixo recortes de máis do 30%”, explica o informe.
Os niveis de fracaso escolar.
No conxunto da Unión Europea abandonan as aulas antes da fin do ensino secundario 1 de cada 7 alumnos (14%). No caso español esta cifra dispárase a un enorme 30%, é dicir, un de cada tres alumnos abandona a escola secundaria. Estas cifras son, para a Unesco, “motivo de inquedanza”, máis aínda tendo en conta a “gravidade da crise económica” e, sobre todo, do “nivel de desemprego da xente moza”, que en marzo de 2012 xa acadara o 51%.
Resalta o informe que cada dólar investido en educación supón un retorno de 10 dólares para a economía de cada país, pero semella que o actual goberno no o considera necesario.
Insiste a Unesco na apremiante necesidade de investir en educación para que os mozos do estado adquiran competencias e desta maneira sexan capaces de atopar con máis facilidade un emprego.
“Estamos a presenciar o xurdimento dunha xeración de mozas e mozos frustrados polo desaxuste crónico entre a adquisición de competencias e as esixencias do mercado laboral”, explica, no informe, a directora xeral da Unesco, Irina Bokova.
Comentarios recentes