Folga do alumnado o 17 de outubro
As organizacións estundantís teñen convocada para o día 17 de outubro unha folga no ensino en contra dos recortes no ensino público e rexeitando o anteproxecto da chamada lei Wert (LOMCE) polo caracter españolizador, elitista, e privatizador.
Esta reforma contra a educación rebaixará a calidade do ensino, impedindo a igualdade de oportunidades entre o alumnado de estratos sociais con distinto poder adquisitivo, incrementará o fracaso escolar e expulsará do sistema educativo a aquel alumnado con maiores dificultades.
Horas e lugares das mobilizacións estudantís confirmadas para o 17 de outubro:
As que nos quedan máis a carón da casa:
Carballo ás 12 horas na Praza do Concello.
Cee ás 12 horas diante do IES Fernando Blanco
Santiago de Compostela ás 12 horas na Praza do Toral.
A Coruña ás 12 horas na Praza da Palloza.
Betanzos ás 12 horas diante dos IES Francisco Aguiar e As Mariñas (Avenida da Coruña).
Outras cidades e pobos co alumnado mobilizado:
Ferrol ás 12 horas na Praza 10 de Marzo.
Lugo ás 12 horas na Biblioteca Intercentros.
Ourense ás 12 horas diante da Delegación da Consellaría de Educación (Rúa Concello).
Pontevedra ás 12 horas diante da Subdelegación do Goberno.
Vigo ás 12 horas na Praza de América.
A Guarda ás 12 horas diante do IES A Sangriña.
Allariz ás 12 horas diante do IES de Allariz
Arzúa ás 12:30 horas diante do IES de Arzúa.
Burela ás 12 horas diante do Monte Castelo.
Moaña ás 12 horas diante do IES As Barxas
Noia ás 12 horas Alameda, diante IES Virxe do Mar.
O Barco de Valdeorras ás 12 horas diante do IES Lauro Olmo.
Ponteareas ás 12 horas na rúa Feliciano Barrera (diante dos IES)
Ribadeo ás 12 horas diante do IES Ribadeo (antigo IES Gamallo Fierros)
Verín ás 12 horas diante do IES Xesús Taboada Chivite (Avenida de Portugal).
Vilagarcía ás 12 horas na Praza de Galiza.
Xinzo da Limia ás 12 horas na Praza Maior.
Ribeira ás 12 horas diante do IES Leliadoura.
Comentarios recentes