E seguimos coa análise da lei Wert (LOMCE) – parte 4
E seguimos a recibir, unha detrás doutra, diversas análises da chamada lei Wert, LOMCE, que poden interesar a todas as anpas, entre elas as nosas.
Coinciden todas en que esta reforma contra a educación rebaixará a calidade do ensino, impedirá a igualdade de oportunidades entre o alumnado de estratos sociais con distinto poder adquisitivo, incrementará o fracaso escolar e expulsará do sistema educativo a aquel alumnado con maiores dificultades.
Por outra parte, e como fai público un comunicado da confederación de anpas galegas, as nais e pais perderán poder de decisión, quedando só co dereito a opinar na comunidade escolar, recaendo todo o mando na dirección de cada centro de ensino.
Agora podes clicar na ligazón o artigo do maior sindicato galego de ensino, CIG Ensino, 20121005 RESUMO do Anteproxecto de LOMCE (1)cig, un dos máis completos puntos de vista ao que se suman a grande maioría dos colectivos educativos.
Comentarios recentes